Otro evento

CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

11-02-2026

CiQUS

Co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a igualdade de xénero, a ONU proclamou o 11 de febreiro como Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Desde o CiQUS, unímonos a esta celebración coa iniciativa "CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS", un encontro dirixido a estudantes de bacharelato que terá lugar o miércoles 11 de febreiro.

Durante a xornada, os participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man a investigación que desenvolven as mulleres no centro, visitando os laboratorios e interaccionando con investigadoras en diferentes etapas da súa carreira. Estas profesionales compartirán as súas experiencias, desafíos e logros, inspirando ás novas xeracións a adentrarse no mundo científico.

Ademais, o alumnado poderá explorar as instalacións do CiQUS e descubrir o equipamento e a tecnoloxía que impulsan a investigación de vanguardia. Unha oportunidade única para romper estereotipos e promover vocacións científicas entre os máis novos.