Novas
As axudas, que suman preto de 2,5 millóns de euros, permitirán desenvolver novos proxectos de investigación no centro durante os próximos anos. Seis dos proxectos incorporan ademais contratos predoutorais asociados.
A empresa, constituída tras sete anos de investigación no CiQUS e nacida ao abeiro do programa Ignicia da Xunta de Galicia, captou xa máis de 3,5 millóns de euros e asinou recentemente o seu primeiro acordo internacional cunha empresa biotecnolóxica noruega.
O director científico do centro, Diego Peña, recolleu o distintivo de mans da ministra Diana Morant nun acto celebrado na Universitat Politècnica de València.
O investigador do CiQUS recibe unha distinción que pon en valor a súa traxectoria científica independente no ámbito da química de coloides e da ciencia interfacial.
Un traballo liderado por Javier Montenegro demostra que alternar ciclos de luz e escuridade permite dirixir a organización de sistemas moleculares dinámicos cara ás estruturas máis estables. A investigación revela que os períodos de “repouso” na escuridade desempeñan un papel esencial na evolución das moléculas fotoactivas.
O investigador do CiQUS foi distinguido pola Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e Lilly en recoñecemento á excelencia do seu traballo doutoral no desenvolvemento de novas metodoloxías catalíticas sostibles.







