Research
O equipo liderado por Manuel Nappi no CiQUS desenvolveu unha nova reacción sintética para unir moléculas ao ADN. Estudos realizados en colaboración con AstraZeneca demostraron a compatibilidade do método coas bibliotecas de compostos codificados por ADN, unha ferramenta utilizada na busca de novos fármacos.
Unha colaboración entre o CiQUS e CIC nanoGUNE, publicada en Nature, demostra que o número par ou impar de moléculas nunha cadea cuántica determina como se conecta cun supercondutor.
Un traballo liderado por Javier Montenegro demostra que alternar ciclos de luz e escuridade permite dirixir a organización de sistemas moleculares dinámicos cara ás estruturas máis estables. A investigación revela que os períodos de “repouso” na escuridade desempeñan un papel esencial na evolución das moléculas fotoactivas.
O dispositivo, baseado en películas ultrafinas ferroeléctricas, permite “activar” e “desactivar” a condución térmica de forma estable, abrindo novas vías para xestionar o calor en tempo real.
O equipo dirixido por Eduardo Fernández Megía no CiQUS presenta unha estratexia química innovadora para crear estruturas biomiméticas con maior eficiencia. O deseño de células sintéticas máis versátiles e controlables podería abrir novas posibilidades en biotecnoloxía e medicina rexenerativa.
O grupo liderado por Manuel Nappi propón unha estratexia innovadora para transformar o dióxido de carbono en compostos de valor, abrindo novas vías para o seu aproveitamento como materia prima en procesos químicos máis sostibles.
Financiado pola Schmidt Initiative for Long Covid, o proxecto buscará desenvolver ferramentas baseadas en proteínas que melloren o diagnóstico da COVID persistente e sentar as bases para unha abordaxe máis obxectiva dunha condición que afecta a millóns de persoas.
Combinando química en disolución e reaccións sobre superficies metálicas, o equipo construíu un pentámero de ftalocianinas, unha nanoestrutura inédita que integra propiedades electrónicas e magnéticas relevantes nunha única molécula. O traballo do CiQUS foi recoñecido como Very Important Paper e seleccionado para a portada de Angewandte Chemie.
Cinco dos oito proxectos obtidos pola Universidade de Santiago de Compostela na convocatoria 2025 das Marie Skłodowska-Curie Postdoctoral Fellowships (MSCA-PF), un dos programas europeos máis prestixiosos e competitivos, levarán a cabo no CiQUS.
O CiQUS logra o seu quinto proxecto ERC Proof of Concept con ZEST, liderado por María Giménez López. O proxecto desenvolve baterías híbridas de zinc, bromo e MnO₂, máis seguras e escalables, co Fraunhofer ISE (Alemaña), para impulsar o almacenamento enerxético sostible.
O programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta de Galicia apoiará con unha inversión estimada de 500.000 euros o proxecto ZinCAGE, liderado pola investigadora Oportunius do CiQUS. Durante dous anos, o equipo validará unha tecnoloxía de electrolito acuoso supramolecular destinada a desenvolver baterías recargables de zinc máis eficientes e seguras.
Un proxecto coliderado co CiTIUS explora novos materiais para integrar almacenamento e cálculo nun mesmo dispositivo, reforzar a velocidade e reducir o consumo
Investigadores do CiQUS, liderados por María Giménez-López, describen en Advanced Materials un composto de vanadio que produce osíxeno ou hidróxeno a voluntade. A clave está en como se organiza sobre nanotubos de carbono, un avance que establece un novo paradigma no deseño de catalizadores sostibles.
Un equipo do CiQUS, liderado por Martín Fañanás, superou un dos grandes retos da química grazas a un novo catalizador de ferro que controla a reactividade do gas. O traballo, publicado en Science Advances, abre a porta a usar o gas natural como materia prima para fármacos e outros produtos de alto valor.
Un consorcio internacional de catro universidades obtivo unha Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación para superar unha das grandes barreiras da medicina: o transporte de fármacos a través da membrana celular.
A investigación, froito da sinerxía entre os grupos do CiQUS liderados por Martín Fañanás e Manuel Souto, presenta un método fotocatalítico máis sustentable baseado en materiais sólidos reutilizables e luz de baixa enerxía.
Investigadores do CiQUS deseñan unha estratexia baseada en nanotubos peptídicos para transportar fármacos ata o núcleo de células canceríxenas resistentes.
Investigadores do CiQUS crearon unhas microgotas sintéticas capaces de imitar funcións básicas das células vivas e resistir condicións de salinidade similares ás do corpo humano. O achado publicado en JACS supón un paso adiante na construción de modelos celulares artificiais con posibles aplicacións futuras en biomedicina.
Investigadores do CiQUS desenvolven unha estratexia que permite activar, mediante estímulos químicos, unha molécula inicialmente inactiva para que recoñeza e interactúe cunha estrutura específica do ADN, coñecida como unión de tres vías.
O encontro serviu para avaliar os progresos do proxecto europeo MolDAM, centrado no estudo e control de reaccións químicas a escala atómica mediante síntese molecular e técnicas avanzadas de microscopía.





















