Programa de visitas escolares ao CiQUS
A iniciativa ten como obxectivo fomentar as vocacións científicas entre os máis novos, especialmente na área da química, coñecendo de primeira man a investigación de excelencia levada a cabo no CiQUS. As visitas escolares están dirixidas a estudantes de bachalerato e secundaria.
Convidamos aos centros educativos interesados a participar nesta actividade enviando a súa expresión de interese a través do seguinte formulario antes do 13/09/2026.
Para calquera información adicional respecto ao programa de visitas escolares, contactar a través do correo: mariano.comino [at] usc.es.



